Para negocios de Galicia
Que a xente do teu concello atope o que ofreces
MerkaLocal reúne os produtos, servizos e ofertas dos negocios locais. Escolle o teu concello e solicita a alta para que a xente de preto poida descubrir o que ofreces e contactar contigo.
Comezamos en Boiro. Aquí podes consultar os concellos onde xa está dispoñible MerkaLocal.
Atópante polo que ofreces
Os teus produtos e servizos aparecen nas buscas de MerkaLocal cando alguén busca no teu concello.
O teu catálogo, tamén fóra de horario
Amosa os teus produtos e servizos con fotos, prezos e unha descrición. A xente pode consultalos aínda que o teu negocio estea pechado.
As túas ofertas, coas súas datas
Indica cando comeza e remata cada promoción. MerkaLocal deixa de amosala como activa cando remata.
O cliente fala contigo
Quen teña unha dúbida ou queira comprar pode escribirche por WhatsApp ou chamarte desde a túa ficha.
Ves que esperta interese
Consulta as visitas á túa ficha, as visualizacións dos teus produtos e os clics nos botóns de WhatsApp e teléfono.
Onde podes dar de alta o teu negocio
Escolle o concello onde está o teu negocio para enviar a solicitude.
Como funciona a alta
- 1
Solicitas a alta
Dásnos os datos básicos do teu negocio. Comprobamos que é un negocio local e que podes xestionalo.
- 2
Completas a túa ficha
Se aprobamos a solicitude, enviámosche unha ligazón por correo electrónico. Engades a información e o horario — as fotos podes subilas despois, desde o teu panel.
- 3
Publicas e entras no panel
Revisas a túa ficha e publícala. Despois enviámosche o acceso ao panel para engadir produtos, servizos e ofertas, e mantelos ao día.
O teu concello aínda non aparece?
Cóntanos onde está o teu negocio. Estamos ampliando MerkaLocal a outros concellos de Galicia.
Escribir a AldeIA